A Asociación Española de Psicoloxía da Música, na que colabora o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o III Congreso Internacional de Psicoloxía da Música que se celebrará entre o 20 e 22 de novembro na Coruña (España).
O envío de traballos está aberto ata o 20 de xullo e a inscrición como asistente (presencial ou en streaming) está aberta ata o 10 de novembro. Os autores/as de propostas (pósteres, comunicacións, talleres) deberán esperar o ditame da avaliación por pares para realizar a inscrición como autor/a. Formulario de inscrición.
Toda a información atópase na súa páxina web, na pestaña de Congresos: https://aepmim.org/congresos/iii-congreso-de-psicologia-de-la-musica-noviembre-2026/
Link de inscrición:
https://aepmim.org/congresos/iii-congreso-de-psicologia-de-la-musica-noviembre-2026/
Para calquera dúbida, non dubiden en contactarnos no seguinte correo: conpsimusic2026@gmail.com
