O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración coa aseguradora Brokers’88, convoca a II edición dos Premios de Comunicación Xoán Vicente Viqueira, co que pretende recoñecer o labor divulgativo da Psicoloxía.
Están contempladas dúas categorías, dotadas con 2.000 euros cada unha delas.
A primeira é o Premio Xornalístico do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, ao que poderán concorrer os e as xornalistas que publicasen ou emitisen algún traballo en relación coa Psicoloxía.
A segunda categoría é o Premio de Comunicación Xoán Vicente Viqueira, dirixido a psicólogos e psicólogas colexiadas do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia que colaboren de forma frecuente e continuada cos medios de comunicación.
Os traballos deberán ter sido publicados entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 31 de decembro de 2022, e o prazo de presentación estará aberto ata o 28 de febreiro de 2023.