Seccións

I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa: Psicoloxía Educativa, sempre emocionando
I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa: Psicoloxía Educativa, sempre emocionando

A Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o vindeiros 30 de setembro e 1 de outubro as «I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa: Psicoloxía Educativa, sempre emocionando», que se desenvolverán na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Na xornada do sábado 1 de outubro, terán lugar catro obradoiros que abordarán de xeito práctico, diferentes aspectos de relación entre o eido emocional e o escolar e entre os que as persoas que asistan ás Xornadas, poderán elixir. Tal e como reza o título destas Xornadas, os diferentes obradoiros que se desenvolverán, estarán enfocados no papel das emocións na vida cotiá das persoas, na importancia de traballalas e de telas en conta nas intervencións profesionais, concretamente no eido educativo, poñendo así, unha vez máis, de manifesto o esencial da Psicoloxía Educativa nos centros escolares e na sociedade, en xeral.

Os obradoiros serán os seguintes:

– «Sen emocións non hai mediación». Impartido por Ana Mª Ulloa Lage, tratarase a importancia do papel que xogan as emocións nos conflitos e así como o esencial que é telas en conta nos procesos de mediación escolar.

– «Espectro autista: apoio ao benestar emocional na escola, que será impartido por Marlene Horna Castiñeiras. Nel abordaranse as necesidades afectivas especiais (NAE) dos alumnnos e alumnas con TEA, a través da proposta de ferramentas prácticas para promover o benestar emocional e a integración destes alumnos/as.

– «Atención psicolóxica ante incidentes críticos en centros educativos». Impartido por Olegaria Mosqueda Bueno e Concepción López Martín, tratarase a aplicación da Psicoloxía en Emerxencias e Catástrofes, enfocada nos eventos críticos que poden ter lugar nos centros educativos.

– «Pílulas de supervivencia emocional para psicólogos/as». Este obradoiro teraá como obxectivo transmitir aos compañeiros e compañeiras psicólogas educativas pautas e recomendacións para a súa propia hixiene emocional. Será impartado por Iria Calleja Barcia e Carla Teixeira Lago.

Accede ao programa

Accede ao programa

 

Spread the love
I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa: Psicoloxía Educativa, sempre emocionando
I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa: Psicoloxía Educativa, sempre emocionando