O vindeiro 19 de outubro de 2024, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) organizará na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a I Xornada de Traballo das Seccións de Psicoloxía e Saúde e Psicoloxía Educativa: “Facendo encontro, tecendo rede”. Dita xornada contará con tres mesas redondas nas que participarán diferentes profesionais da Psicoloxía nas que abordarán temas e aspectos nos que na práctica se atopan o eido educativo e da saúde da nosa profesión.
A Mesa 1 estará coordinada por Paula Marcos Carregal (Psicóloga Clínica e Vicepresidenta da Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG) e titularase: “O enredo: unha ollada á realidade”. Nela participarán Fernando Carrasco Mera (docente/orientador e Inspector de Educación), Mariano Carrero Moure (Psicólogo Clínico na Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña) e mais Chis Oliveira Malvar (Catedrática de Filosofía e Doutora en Educación Sexual).
A Mesa 2 estará coordinada por Manuela del Palacio García (Orientadora no IES “S. Tomé” de Vigo e Presidenta da Sección de Psicoloxía Educativa do COPG) e titularase: “Escola e clínica: asentando redes”. Nela participarán Betina Rosana Represas Vázquez (orientadora no EOE de Pontevedra) e mais Melania Beceiro Rico (Psicóloga Clínica na Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e Terapeuta Familiar).
A Mesa 3 estará coordinada por Jose Berdullas Barreiro (Psicólogo Clínico e Vogal da Xunta de Goberno do COPG) e titularase: “Tecendo rede: á procura dun outro encontro”. Nela participarán Juan Pedro Martínez Ramón (Vogal da Xunta Directiva da División de Psicoloxía Educativa e da Xunta de Goberno do Colegio Oficial de Psicología de la Región de Murcia e Profesor da Universidad de Murcia (online) e mais Luz Fernández García (Mestra e Orientadora no Colexio “Martín Códax”; Psicóloga Psicanalista membro da Escuela Lacaniana de Psicoanálisis del Campo Freudiano e da Asociación Mundial de Psicoanálisis).
Pechará a Xornada Begoña Castro Iglesias (Psicóloga Educativa/Orientadora e Vogal da Xunta de Goberno do COPG).