O pasado 19 de outubro celebrouse, en formato presencial e tamén coa opción online, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela, a I Xornada de Traballo das Seccións de Psicoloxía e Saúde e de Psicoloxía Educativa, co título “Facendo encontro, tecendo rede”, sendo o comité organizador da mesma José Berdullas Barreiro, Mª Begoña Castro Iglesias, Manuela del Palacio García e Paula Marcos Carregal.
Dita xornada contou con 3 mesas nas que se abordaron aspectos vencellados a eidos que entroncan a Psicoloxía da Saúde coa Psicoloxía Educativa, tendo como protagonistas a diferentes profesionais vencellados a ditos eidos da psicoloxía.
Unha das mesas, titulada “O enredo: unha ollada á realidade”, coordinada por Paula Marcos Carregal (Psicóloga clínica e vicepresidenta da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG), tivo como convidados a Fernando Carrasco Mera (docente, orientador e Inspector de Educación) e mais a Chis Oliveira Malvar (catedrática de Filosofía e Doutora en Educación Sexual).
A mesa titulada “Escola e clínica: asentando redes”, coordinada por Manuela del Palacio García (Presidenta da Sección de Psicoloxía Educativa do COPG e orientadora), estivo protagonizada por Betina Rosana Represas Vázquez (orientadora do EOE de Pontevedra) e Melania Beceiro Rico (psicóloga clínica na Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e Terapeuta Familiar).
A mesa “Tecendo rede: á procura dun outro encontro”, coordinada por José Berdullas Barreiro (psicólogo clínico e vogal da Xunta de Goberno do COPG), tivo como relatores a Juan Pedro Martínez Ramón (vogal da Xunta Directiva da División de Psicoloxía Educativa, da Xunta de Goberno do Colegio Oficial de Psicología de la Región de Murcia e Profesor da Universidad de Murcia (online)) e mais a Luz Fernández García (mestra e orientadora no “Colexio Martín Códax”, psicóloga-psicanalista, membro da Escuela Lacaniana de Psicoanálisis del Campo Freudiano e da Asociación Mundial de Psicoanálisis).