O Grupo de Traballo de Difusión da Psicoloxía Xurídica aos Operadores Xurídicos da Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia presenta a Guía «Psicoloxía forense. Guía práctica para xulgados e tribunais», elaborada por membros da Sección.
A través deste documento, o grupo de traballo ofrece información clara e actualizada sobre o papel do/a psicólogo/a forense como colaborador/a da Administración de Xustiza, así como sobre os principais ámbitos de intervención, os criterios técnicos e metodolóxicos da avaliación pericial e as características da intervención.
Esta guía ten como obxectivo facilitar o coñecemento da psicoloxía forense, contribuíndo a unha mellor comprensión da súa utilidade como medio de proba e reforzando a calidade, o rigor científico e a seguridade xurídica nas actuacións periciais.

