Seccións

Novos Grupos de Traballo da Sección de Psicoloxía e Saúde

Ao longo do ano 2021 creáronse dous novos Grupos de Traballo, que se engaden aos xa existentes con anterioridade (grupo de Titores/as PIR, de Atención Primaria, de Trastornos Mentais Severos, do Observatorio Post-Catástrofes, de Psicoloxía Perinatal e de Trauma e EMDR).

O Grupo de Traballo de Intervisión e Asesoramento para o Traballo en Psicoloxía ten como obxectivo promover a creación e desenvolvemento dun espazo onde os e as profesionais poidan compartir e reflexionar sobre as súas experiencias, e no que obter e ofrecer asesoramento mutuo sobre os problemas que poidan xurdir en relación co exercicio da profesión.

Está coordinado por Natalia Seijo Ameneiros e composto por Alba Tamara López Vellón, Yoana Fernández Moreno, Carmen Corina Rodas Verdes e Ángeles María Piñeiro Coleto.

Por outra banda, o Grupo de Traballo de Trastornos Adictivos pretende acadar e defender o recoñecemento da asistencia ás adiccións dentro do eido da saúde mental, apoiar as iniciativas encamiñadas á integración dos dispositivos de tratamento das condutas adictivas no sistema público de saúde, e defender o papel central da intervención psicolóxica nun modelo asistencial integral.

Está coordinado por María Carou López e composto por María Concepción Abad Alastruey, Jesús Cancelo Martínez, Carmen Guimeráns Freijeiro, Gerardo Sabio Fernández, Lourdes Suárez Fernández e María Villarino González.

Spread the love