Seccións

Foro técnico de PRL 2023
Foro técnico de PRL 2023

A terceira sesión do Foro Técnico de Prevención de Riscos Laborais (PRL), organizada pola Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón-Arteixo (AEPI) en colaboración coa Confederación de Empresarios de La Coruña, culminou o pasado mércores 27 de setembro. O evento, que tivo lugar no Centro Tecnolóxico de Arteixo, consolidouse como un punto de encontro fundamental para o intercambio de coñecementos, boas prácticas, reflexión e debate na comunidade empresarial.

Nesta edición, o foro centrou a súa atención na saúde mental no ámbito laboral e contou coa destacada participación de expertos neste campo. Entre as persoas relatoras estaban María Tajes Alonso, xefa do Servizo de Saúde Mental da Subdirección Xeral de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde; Carlos Vázquez Ventoso, xefe do Servizo de Psiquiatría da área sanitaria de A Coruña e Cee; Nuria de Castro-Acuña, xefa de servizo central de PRL do Servizo Galego de Saúde; e Carlos Montes Piñeiro, presidente da sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

As persoas asistentes tiveron a oportunidade de coñecer información relevante sobre a situación da saúde mental en Galicia, as políticas públicas destinadas ao seu coidado e as medidas que as empresas poden implementar para protexer a saúde mental dos seus empregados.

 

Spread the love
Foro técnico de PRL 2023
Foro técnico de PRL 2023