Grupos

Formación

O 26 de febreiro desenvolveuse outra sesión formativa do Grupo de Tráfico e da Seguridade do COPG co título “Detección e valoración de alteracións cognitivas postcovid que afectan ao desempeño da condución”.

Trátase de buscar algo de luz porque nos preocupan os casos que se están a ver nos centros de recoñecemento a condutores con efectos Long Covid á hora de conducir. A relatora nesta ocasión foi Gema Pérez Rojo, psicóloga, profesora titular do Departamento de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxico da Universidade CEU San Pablo de Madrid.

A continuación desta formación celebrouse a reunión do Grupo de Tráfico e da Seguridade do COPG informando de todas as cuestións desenvolvidas desde a anterior reunión e recollendo as propostas que se achegaron.

A vindeira formación do Grupo será o 2 de abril onde se abordarán as adaptacións no centros de recoñecemento a condutores.

Spread the love
Sesión formativa