Grupos

Formación sobre adolescentes, TDAH e condución
Curso "Adolescentes, TDAH e condución"

Organizado polo Grupo de Tráfico e Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, o pasado 26 de novembro celebrouse o Curso «Adolescentes, TDAH e condución» a través da plataforma de teleformación do COPG.  Foi impartido por Ana Fátima Gómez Suárez, psicóloga sanitaria e membro do departamento clínico e docente da Fundación INGADA (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados) e Javier Estévez Rodríguez, fundador e director da unidade psiquiatrica especializda en TDAH e problemas da conducta «Unidad Focus» e colaborado da Federación Galega de Asociacións de TDAH (FEGADAH).

Ambos docentes, con ampla experiencia e formación específica en TDAH, realizaron unha exposición con análises de casos e aportación de modelos e instrumentos, os cales resultaron de moito interese para os e as participantes, e permitiron acadar a información específica necesaria para realizar avaliacións e adaptacións para conducir máis axustadas ás características e necesidades das persoas con estas dificultades de maneira que poidan realizar unha condución máis segura.. Ana Fátima Gómez, que se conectou xunto con Elvira Ferrer, vicepresidenta da Fundación INGADA, presentaron parte da Guía de TDAH e conducción que están acabando de elaborar en colaboración coa DGT, e para a cal solicitaron achegas.

 

Intervención de Ana Fátima Gómez no Curso "Adolescentes, TDAH e condución"

Intervención de Ana Fátima Gómez no Curso «Adolescentes, TDAH e condución»

Intervención de Javier Estévez no Curso "Adolescentes, TDAH e condución"

Intervención de Javier Estévez no Curso «Adolescentes, TDAH e condución»

 

 

 

 

 

 

 

 

Infórmase que o próximo 11 de marzo de 2023 tense previsto a celebración dunha nova formación sobre «Discapacidades e condución».

 

Spread the love
Curso "Adolescentes, TDAH e condución"
Curso "Adolescentes, TDAH e condución"