Grupos

Formación dirixida a profesionais de Recursos Humanos da Confederación de Empresarios de A Coruña
Formación dirixida a profesionais de Recursos Humanos da Confederación de Empresarios de A Coruña (CEC)

O día 19 de octubre, Mª Carmen González Hermo, membro da Comisión Coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, impartiu o curso «Primeiros Auxilios Psicolóxicos en Situacións Críticas e Emerxencias en Contextos de Traballo e Organizacións»  dirixido a profesionais de Recursos Humanos da Confederación de Empresarios de A Coruña (CEC).

O obxectivo desta formación foi dotar a estes profesionais de ferramentas que lles permitan afrontar situacións de crise que poidan darse no seu lugar de traballo e concienciar na importancia do autocoidado como base do benestar emocional.

A sesión formativa, que se realizou en formato presencial e online, contou con máis de 20 participantes de diferentes empresas de A Coruña.

Spread the love