Grupos

Formación na AGASP «Apoio psicolóxico básico e manexo do estrés en situacións críticas de emerxencias»

Os días 10 e 11 de abril, Olegaria Mosqueda Bueno impartiu na Academia Galega de Seguridade Pública o curso «Apoio psicolóxico básico e manexo do estrés en situacións críticas de emerxencias» dirixido a membros de Protección Civil.

Durante dúas xornadas o alumnado aprendeu pautas de apoio psicolóxico para a actuación con vítimas e afectados tras unha situación crítica, emerxencia ou catástrofe; adquiriu coñecementos sobre primeiros auxilios psicolóxicos; aprendeu a recoñecer os efectos do estrés, a súa prevención e a identificar reaccións que poden aparecer en situacións críticas, emerxencias ou catástrofes no/a interveniente; e aprendeu estratexias de afrontamento individual ante situacións estresantes.

Spread the love
Formación na AGASP "Apoio psicolóxico básico e manexo do estrés en situacións críticas de emerxencias"