Grupos

Formación interna sobre a importancia do silencio nas intervención
Xornada de coidado grupal GIPCE

Co obxectivo de fortalecer a identidade grupal do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e de consolidar un espazo anual de coidado grupal, o Grupo de Apoio a Intervinientes (GAI) organizou unha xornada de traballo interno o día 12 de novembro na que se deron a coñecer novas ferramentas alineadas cos nosos valores de intervención que resultan de utilidade para o desempeño da nosa labor como profesionais das emerxencias.

Durante esta xornada os integrantes do GAI, Lorena Nieto, Hafdallah Menni e Mª Carmen González, compartiron a importancia de saber estar ou como podemos aproveitar o silencio como ferramenta de intervención; saber acompañar ou como os diferentes contextos ou ambientes poden facilitar ou dificultar ese silencio; saber soster empregando o silencio como ferramenta de prevención na toma de decisións e comunicacións; e saber valorar para elaborar conclusións e compartir leccións aprendidas e aprendizaxes comúns.

Spread the love
Xornada de coidado grupal GIPCE
Xornada de coidado grupal GIPCE