Información Xeral

Formación especializada en violencia de xénero

Neste trimestre, entre os meses de maio e xuño, desde a coordinación do Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres que sofren Violencia de Xénero (PAPMVX), Abramos o Círculo e a Quenda de atención psicóloxica, levouse a cabo o Curso «Intervención psicolóxica focalizada en situacións de homicidio por violencia de xénero: Intervención transdiagnóstica en adultos e menores, baseada nos procesos e regulación emocional».

Foi impartido por Enrique Parada Torres, psicólogo consultor, psicoterapeuta privado e psicólogo adscrito a Unidade deCrises da División de Emerxencias Consular (Ministerio de Asusntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación); María Acosta Benito, experta en violencia de xénero polo Colexio de Traballo Social de Madrid e colaboradora honorífica naUniversidade Complutense de Madrid no departamento de Psiquiatría;  e Beatriz Atenciano Jiménez, psicóloga infanto-xuvenil no programa CAPSEM Norte, pertencente á Rede deAtención a Violencia de Xénero no Concello de Madrid.

O obxectivo desta formación foi crear un espazo de reflexión e aprendizaxe  eminentemente práctico baseado na experiencia de acompañamento a persoas adultas e a menores no inicio do proceso de dó por homicidio debido á violencia de xénero.

Spread the love
Intervencion_psicoloxica_focalizada_en_situacions_de_homicidio_VX
Curso "Intervención psicolóxica focalizada en situacións de homicidio por violencia de xénero"