Seccións

Formación en intervención con persoas con diversidade funcional na terceira idade
Curso "Intervención con persoas con diversidade funcional na terceira idade"

A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG organizou o pasado 15 de xullo o Curso «Intervención con persoas con diversidade funcional na terceira idade». Impartido por Mª Carmen González Hermo, psicóloga habilitada para o exercicio de actividades sanitarias, traballando nun servizo de atención diúrna para persoas con diversidade intelectual desde 2009 ata 2023, e formadora en materia de diversidade intelectual, alteración de conducta, emerxencias e dó; a formación desenvolveuse fomentando a participación activa das persoas asistentes e a planficiación conxunta do desenvolvemento de recursos para a detección de necesidades e intervención.

As persoas asistentes puideron adquirir as ferramentas necesarias para facilitar o acompañamento ás persoas con diversidade intelectual en procesos de dó, así como desenvolver estratexias para a intervención psicolóxica que axuden a manter a calidade de vida das persoas durante o seu proceso de envellecemento, entre outros.

Spread the love
Curso "Intervención con persoas con diversidade funcional na terceira idade"
Curso "Intervención con persoas con diversidade funcional na terceira idade"