Seccións

Formación en conversacións narrativas na práctica
Curso "Conversacións narrativas na práctica"

Organizado polo Grupo de Traballo de Psicólogos e Psicólogas dos CIM’s da Sección de Psicoloxía da Intervención Social, os días 27 de xaneiro, 3, 10 e 24 de febreiro e 3 e 10 de marzo celebrouse o Curso «Conversacións narrativas na práctica». Cun total de 24 horas formativas, nas que se realizaron exposicións e análise de temas reais e ficticios e role-playing tiña como obxectivo aprender e practicar as diferentes conversacións terapéuticas da terapia narrativa, desenvolver a capacidade para unha dobre escoita e coñecer os diferentes tipos de conversacións narrativas concentrándose nalgunhas delas para realizar prácticas en profundidade.

Foi impartido por Carlos Alexis Chimpén López (EX01103), doutoramento en psicoloxía clínica, máster en intervencións en psicoterapia e máster en terapia narrativa e de traballo comunitario. Os asistentes valoraron moi positivamente a formación, non só polo alto nivel de contidos formativos transmitidos polo docente, senón tamén pola súa empatía e calidade humana.

 

Spread the love
Curso "Conversacións narrativas na práctica"
Curso "Conversacións narrativas na práctica"