Grupos

Formación en conduta suicida
Curso "Avaliación e intervención en crises suicidas"

Desde o ano 2018 vimos asistindo a unha tendencia ascendente nas condutas suicidas na nosa Comunidade Autónoma. Os últimos datos publicados polo Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) revelan que no ano 2021 un total de 331 persoas faleceron por suicidio, situándose por riba da media estatal. Esta tendencia tamén a observamos nas intervencións do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG. Neste sentido as intervencións por suicidio convértense na primeira causa de intervención no noso grupo seguda dos accidentes de tráfico.

Teresa Pacheco

Teresa Pacheco

Ante esta situación, o GIPCE organizou na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o pasado 24 de setembro o Curso «Avaliación e intervención en crises suicidas». Impartido pola experta en psicoloxía de emerxencias e sucesos de grande magnitude, Teresa Pacheco Tabuenca, durante o longo do curso deuse a coñecer as últimas estatísticas sobre o suicidio, os factores de risco, as características da conduta suicida, os factores protectores e, por suposto, as pautas de actuación ante estas situacións de emerxencia tanto nunha intervención presencial como ante unha intervención telefónica.

 

Curso "Avaliación e intervención en crises suicidas"

Curso «Avaliación e intervención en crises suicidas»

Spread the love
Curso "Avaliación e intervención en crises suicidas"
Curso "Avaliación e intervención en crises suicidas"