– O 26 de setembro celebrouse a través da plataforma online Zoom o Webinar «Humanidade compartida: habitando xuntos o momento presente». Impartido por Claudio Araya Véliz, psicólogo e doutor en investigación en psicoterapia pola Pontificia Universidade Católica de Chile, durante a presentación buscouse fundamentar filosófica e cientificamente a perspectiva da humanidade compartida, como unha alternativa para ser desenvolvida e explorada.
– O 1 de outubro dou comezo a 3ª Edición do Programa online de Mindfulness e compaixón que se desenvolverá todos os sábados a través da plataforma Zoom ata o vindeiro 26 de novembro. O programa, aberto a todo o público xeral, é un espazo para o coñecemento e a práctica de mindfulness. Con máis de trescentos participantes, en cada sesión abordase un tema que se considere de interese e contribuír a que os e as participantes teñan novas ferramentas para un maior benestar.