Seccións

Formación da Sección de Psicoloxía e Saúde
Imaxe das XXVII Xornadas de Psicoloxía e Saúde "Infancia e adolescencia: coidar a súa evolución, evolucionar no seu coidado"

XXVII Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde

Os días 17, 18 e 19 de novembro terán lugar as XXVII Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, baixo o título «Infancia e adolescencia: coidar a súa evolución, evolucionar no seu coidado». As xornadas celebraranse no Espazo + 60 Afundación, na localidade de Pontedeume.

O obxectivo das mesmas é achegar diversos temas de relevancia no referente á poboación infantil e xuvenil: conduta suicida, trastornos da alimentación, condutas adictivas, identidade trans, os contextos espaciais e temporais no que se debe desenvolver a psicoloxía con esta poboación, etc.

A conferencia inaugural correrá a cargo de Federico Menéndez Osorio, médico especialista en psiquiatría, medicina interna e endocrinoloxía e maitrise en psicoloxía clínica; mentres  que a conferencia de clausura será impartida por José Leal Rubio, psicólogo clínico. Xunto a eles, moitos outros relatores e relatoras participarán ao longo das diferentes mesas.

As xornadas tamén contarán con dous obradoiros programados para o primeiro día, no que se poderán traballar aspectos relacionados coa avaliación e a intervención na conduta suicida e coas adiccións ás novas tecnoloxías, respectivamente.

Podes consultar o programa das xornadas aquí.


Actividade docente

A Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG organiza os vindeiros 28 e 29 de outubro o curso «Psicoloxía sanitaria: empezar ben» na Facultade de Psicoloxía da Unviersidade de Santiago de Compostela. Contará como relatoras a Cristina Veira Ramos, psicóloga clínica no Centro Andainas Psicoloxía Clínica e Terapia Familiar; e Cecilia Barros Díaz, asesora xurídica do COPG.

A través da exposición teórica e o traballo en casos prácticos, esta actividade buscará ofrecer unhas nocións básicas para facilitar unha atención de calidade e segura aos/ás pacientes no marco dun incremento da oferta de dispositivos para o tratamento.

Podes consultar o programa do curso aquí

Spread the love
Imaxe das XXVII Xornadas de Psicoloxía e Saúde "Infancia e adolescencia: coidar a súa evolución, evolucionar no seu coidado"
Imaxe das XXVII Xornadas de Psicoloxía e Saúde "Infancia e adolescencia: coidar a súa evolución, evolucionar no seu coidado"