A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia presenta o folleto informativo «Psicoloxía da Intervención Social», elaborado por profesionais da propia Sección.
A través deste material difúndese información actualizada sobre o papel da psicoloxía da intervención social, os seus ámbitos de actuación e as funcións profesionais que desenvolve, dando resposta ás necesidades sociais emerxentes e visibilizando a importancia desta área no benestar das persoas, grupos e comunidades.

