Comisións

Fallo do XV Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”
Concurso Literario do COPG "Rosa de Cen Follas"

O pasado 14 de novembro de 2023, celebrouse a xuntanza do xurado do XV Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”, composto pola decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada; a coordinadora da Comisión de Cultura do COPG, Concepción Fernández Fernández; Mª Concepción Rodríguez Pérez, membro da Comisión de Cultura; a poeta Iolanda Aldrei, e o xornalista de La Voz de Galicia, Xoel Gómez, para deliberar o fallo desta edición.

Nesta ocasión os premiados son:

 

Categoría de narrativa

Gañador:

»  Unha psicóloga, Luis Rodríguez Cao (antigo colexiado G-00356).

Mención especial

»  A humanidade: que facer con ela, Evaristo Díaz Castro (G-00118).

 

Categoría de poesía

Gañadora:

» A (miña) morriña, María Carou López (G-1933).

Mención especial

»  De pai a fillo, de fillo a pai. Lema, Andrés Sampayo Salgueiro (G-3314).

 

O acto de entrega de premios terá lugar o martes 12 de decembro de 2022, ás 18:00 horas, no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar. Praza do Obradoiro, s/n. Santiago de Compostela).

 

Spread the love
Concurso Literario do COPG "Rosa de Cen Follas"