Comisións

Fallo do XIV Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”
Laura Dorado Nogueiras, gañadora da categoría de narrativa

O pasado 25 de novembro de 2022 celebrouse a xuntanza do xurado do XIV Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”, composto pola decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, a coordinadora da Comisión de Cultura do COPG, Concepción Fernández Fernández, Mª Concepción Rodríguez Pérez, membro da Comisión de Cultura, a poeta Iolanda Aldrei e o xornalista de “La Voz de Galicia” Xoel Gómez, para deliberar o fallo desta edición.

Nesta ocasión os premiados son:

Categoría de narrativa:
Gañadora:
» “Mais querendo non velo, é” de Laura Dorado Nogueiras G-05568

Mención especial:
» “O meu compañeiro” de Lidia Rial Calvo G-05967

Categoría de poesía:
Gañadora:
» “Marusía”, de Charo Valcárcel Mato

O acto de entrega de premios celebrouse o martes 13 de decembro de 2022 na Sala de Conferencias de Abanca Obra Social en Santiago de Compostela.

 

Spread the love
Laura Dorado Nogueiras, gañadora da categoría de narrativa
Laura Dorado Nogueiras, gañadora da categoría de narrativa