Información Xeral

Fallo da XIII Edición da Beca Siota de Investigación en Psicoloxía

O Comité Seleccionador da XIII Edición da Beca Siota de Investigación en Psicoloxía, na súa reunión do 4 de maio de 2023, e unha vez valorados os proxectos presentados, acordou outorgar a beca ao proxecto «Prevención, avaliación e tratamento dos delincuentes sexuais. Un estudo piloto en Galicia para o intercambio de boas prácticas e o desenvolvemento de innovacións na Unión Europea», presentado por María Patricia Navas Sánchez, colexiada G-6777.

Desde o Colexio, agradecemos a participación a todas as persoas que presentaron os seus proxectos nesta edición e non resultaron adxudicatarios da beca.

De esquerda a dereita: José Manuel Oreiro, vogal da Xunta de Goberno do COPG; Mª Carmen González Hermo, vicesecretaria do COPG; Patricia Navas, gañadora da XIII Edición da Beca Siota; e Mª Rosa Álvarez, decana do COPG.

Spread the love
Beca Siota
XIII Edición da Beca Siota de Investigación en Psicoloxía