3ª edición – Curso «Psicoterapia en trauma relacional»

*Prazas esgotadas*

Enviamos información acerca da nova edición do curso “Psicoterapia e trauma relacional”, organizado pola Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG.

Esta 3ª edición celebrarse o 30 de xaneiro de 2026 no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

O curso ten como obxectivos coñecer e profundar sobre o trauma relacional, as súas manifestacións na poboación infanto xuvenil, coñecer os principais retos que supón a intervención psicoterapéutica nesta situación e profundar nas pautas da intervención psicoterapéutica, dende unha visión sistémica.

Para a inscrición é necesario enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 20 de xaneiro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Boletín

Programa

  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos