Seccións

Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027
Presentación Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027

A Xunta de Galicia presentou o novo marco estratéxico para a prevención de riscos laborais e a promoción da saúde no traballo que estará dotado con 55,8 millóns de euros para o seu período de vixencia, desde 2023 até 2027. O documento, elaborado polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), contou co consenso dos interlocutores sociais e permitirá un desenvolvemento ordenado e eficaz das políticas galegas en materia de seguridade e saúde no traballo.

A estratexia pretende adaptarse a un contexto laboral en constante transformación e busca abordar os riscos derivados das novas formas de traballo. Incorpora a xestión preventiva de riscos relacionados con tecnoloxías emerxentes como a intelixencia artificial, a Internet das cousas, os robots colaborativos e as plataformas dixitais de traballo. E incide na prevención dos riscos psicosociais vencellados co traballo.

Podes visualizar o documento no enlace Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027

O acto estivo presidido pola Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Dona Elena Rivó López, que sinalou que a nova estratexia pon unha énfase especial na saúde e benestar integral das persoas traballadoras e o crecemento económico e social das empresas e organizacións. A xornada de presentación contou coa intervención de Carlos Montes Piñeiro, presidente da sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia (COPG), quen centrou o seu relatorio na importancia da saúde mental e o benestar das persoas traballadoras neste contexto de cambio. Salientou tamén que a «Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027» eríxese como un compromiso significativo coa protección e o desenvolvemento das traballadoras e traballadores galegos, co obxectivo de garantir unha contorna laboral segura, saudable e sostible nos vindeiros anos.

 

Presentación Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027

Presentación Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027

Spread the love
Presentación Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027
Presentación Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027