Información Xeral

Encontro de novos/as colexiados/as

Co obxectivo de manter un primeiro contacto desde a Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, o 27 de xaneiro tivo lugar un encontro para novos colexiados e colexiadas que se incorporaron a partir do primeiro trimestre de 2021 ao COPG.

Este encontro foi unha oportunidade para dar a coñecer e presentar o Colexio, os seus servizos e actividades e tamén aproveitar para recoller impresións para mellorar no futuro.

O acto estivo dirixido polo tesoureiro do COPG, Miguel Ángel Chouza Ponte e a vicesecretaria, Alejandra Isabel Fernández Rodríguez.

Spread the love
Encontro de novos/as colexiados/a