Información Xeral

En representación do Colexio (xaneiro-marzo 2022)

-A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:

Mª Rosa Álvarez Prada

-Asistiu á Asemblea Xeral de Unión Profesional de Galicia, o 30 de decembro.
-Mantivo unha xuntanza co Director Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, Juan José Martín Álvarez, co obxectivo de abordar a situación da psicoloxía na mediación familiar intraxudicial e os informes psicosociais, o 13 de xaneiro.


-Asistiu xunto coa coordinadora da Comisión Intersectorial Feminista do COPG, Fátima López Rodríguez, a unha xuntanza coa Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella e coas xefas dos servizos Begoña Sieiro Negro e Chus Gutiérrez, celebrada o 26 de xaneiro.

Fátima López

Fátima López Rodríguez

 

-Participou na xuntanza anual do pleno do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, que foi presidida pola Conselleira de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, celebrada en o 28 de xaneiro.

-Asistiu ao acto “La Ley de familias. Un país que cuida a sus familias”, coa Ministra de Dereitos Sociais de España, Ione Belarra Urteaga, celebrada en Madrid o 3 de febreiro.

– Asistiu ás reunións do Pleno do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, do que forma parte representando a Unión Profesional de Galicia, o 4 de febreiro e o 17 de marzo en Santiago de Compostela.

-Xunto co presidente da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, Xacobe Abel Fernández García, mantivo unha reunión co Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, coa Subdirectora Xeral de Atención Primaria, Mª Sinda Blanco Lobeiras, coa Directora de Recursos Humanos, Ana Comesaña, e José Flores Arias, Xerente do SERGAS, para abordar a atención da saúde mental no SERGAS e avaliar a implantación do Plan Estratéxico de Saúde Metal 2020-2024, en Santiago de Compostela o día 14 de febreiro.

-Informa que desde o COPG trasladáronse as inquietudes na falta de recursos asistenciais en saúde mental, a través dun informe, que recolle as necesidades como a aposta decidida pola psicoloxía clínica na atención primaria, o reforzo das Unidades de Saúde Mental, a necesidade de implantar servizos propios da psicoloxía clínica ou a urxencia de incrementar o número de prazas PIR.

– Acudiu a xuntanza do Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero de Unión Profesional o 16 de febreiro.

-Con motivo do Día da Igualdade Retributiva, o 22 de febreiro participou designada polo Consejo General de la Psicología nunha xornada para abordar as ferramentas normativas para acadar a igualdade retributiva entre mulleres e homes e abordar a brecha do xénero no ámbito laboral.

-O 3 de marzo participou na mesa redonda con motivo do Día Internacional da Muller “A muller, parte do tecido empresarial”, coa participación da presidenta do Observatorio de Igualdade de Oportunidades do Grupo Social ONCE, Patricia Sanz Cameo.

-Asistiu en representación do COPG ao acto “A ciencia ten a mellor resposta”, organizado polo Colexio de Médicos da Provincia da Coruña, celebrado o 5 de marzo en Santiago de Compostela. Este acto reuniu aos colexios profesionais sanitarios galegos, as academias e facultades de ciencias sanitarias, coa intención de dar testemuña da importancia de guiarse pola mellor evidencia científica e na defensa da ciencia como resposta sólida e fiable.

 

Acto “A ciencia ten a mellor resposta”

Acto “A ciencia ten a mellor resposta”

-Acudiu ao acto institucional con motivo do Día Internacional da Muller, organizado polo Ministerio de Igualdade e o Instituto das Mulleres. Celebrado o 7 de marzo en Madrid.

-A coordinadora da Comisión Intersectorial de Psicoloxía do Deporte, Mª Dolores González Fernández, participou na xuntanza da Comisión do Control da Violencia o 20 de decembro.


María Dolores González Fernández

Mª Dolores González Fernández

 

Hipólito Puente Carracedo

Hipólito Puente Carracedo

-O vicedecano do COPG e coordinador na nosa comunidade autónoma do Proxecto PsiCE “Prevención dos problemas emocionais no contexto educativo: eficacia do protocolo unificado para o tratamento transdiagnóstico para dolescentes”, Hipólito Puente Carracedo, que está a ser organizado desde o Consejo General de la Psicología, informa de que os psicólogos e psicólogas galegas designados como colaboradores no devandito estudo participaron na xuntanza de coordinación estatal celebrada o 19 de xaneiro. Ademais seguindo o calendario establecido estanse recollendo datos e pasando as probas entre o alumnado da ESO e bacharelato. Farase chegar á Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia un borrador de convenio.

 

-Eduardo Martínez Lamosa, vogal da Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, representante do COPG na Plataforma SOS Sanidade Pública, participou nas xuntanzas celebradas o 10 de febreiro e o 9 de marzo.
Eduardo Martínez Lamosa

Eduardo Martínez Lamosa

 

José Manuel Oreiro Blanco

José Manuel Oreiro Blanco

-O vogal da Xunta de Goberno, José Manuel Oreiro Blanco, participou no encontro multidisciplinar do Proxecto SERV- Servizos e dereitos para as vítimas de delitos, en representación do Colexio, os días 18 e 21 de febreiro.

 

– A colexiada Mónica Permuy López, representante por parte do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) para o Grupo de Traballo 4 (GT4): Pautas para a prevención e o tratamento das distintas formas de violencia, participou na xuntanza deste grupo, celebrada o 21 de xaneiro. Con anterioridade realizou achegas e modificacións á Guía sobre a trata de seres humanos con fins de explotación sexual, que están a elaborar desde este organismo.

-Arturo Pereiro Rozas, membro do Grupo de Traballo de Psicoloxía do Envellecemento da Sección de Psicoloxía da Intervención Social, asistiu en representación do Colexio ao encontro Alzheimer hoxe; atención integral e especializada en demencias, organizado pola Federación de Alzheimer Galicia e celebrado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro.

-José Ramón García Gómez (G-2000) participou en representación do Colexio Oficial de Psicoloxía Galicia nas V Xornadas Anuais TesGalicia, celebradas en Ourense o 17 de marzo.

Spread the love