Información Xeral

Participacións do COPG en reunións e eventos profesionais (Abril-Maio 2022)
M_Rosa_Alvarez_Prada

Mª Rosa Álvarez Prada

A decana, Mª Rosa Álvarez Prada:

– Asistiu á Asemblea Xeral de Unión Profesional de Galicia, que tivo lugar en modalidade online o 30 de abril.

-Participou no Comité de Honor do XV Congreso Internacional de Infancia Maltratada, da Asociación de abuso e maltrato infantil de Galicia (AMINO), que tivo lugar do 5 ao 7 de maio en Santiago de Compostela.

 

-A coordinadora da Comisión Intersectorial de Psicoloxía do Deporte, Mª Dolores González Fernández, participou na xuntanza telemática co coordinador de Unión de Federacións Deportivas Galegas, Carmelo Galiñanes Fernández, cos que asinamos un convenio recentemente, para abordar liñas de participación conxunta. Celebrada o 3 de maio.

 

Presentación do Programa TEI

Presentación do Programa TEI

-O Colexio participou na presentación do programa TEI, do que é autor Andrés González Bellido, psicólogo, catedrático e investigador na Universidade de Barcelona. Iniciándose no ano 2002, trátase dun programa de convivencia para a prevención da violencia e o acoso escolar de maior implantación do Estado e uns dos primeiros a nivel mundial. O autor estivo na sede colexial o pasado 6 de maio impartindo a charla O acoso escolar e deportivo. A prevención é posible.  Ademais, o día 7 de maio participou na inauguración do Congreso Nacional TEI, celebrado en Sada o 7 e 8 de maio.

 

 

Víctor_Manuel_Torrado_Oubiña

Víctor Manuel Torrado Oubiña

 

– O membro da Comisión do Exercicio Privado, Intrusismo e Defensa da Profesión do Consejo General de la Psicología, Víctor Manuel Torrado Oubiña, asistiu a unha xuntanza presencial, celebrada en Madrid o 7 de maio.

 

 

 

 

-O membro do Grupo de Traballo de Envellecemento da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Pedro Santamaría Gargamala, participou na mesa de diálogo das XX Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL. Celebradas o 7 de maio en Santiago de Compostela.

Spread the love
Fachada_cOPG
Sede colexial