A Comisión Electoral do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, na súa reunión do 6 de outubro de 2025, cumpridos os prazos estipulados para a presentación de reclamacións á proclamación provisional de candidaturas á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, efectuada por esta Comisión o 22 de setembro pasado, e non téndose presentado ningunha outra
ACORDA
1.- Proclamar con carácter definitivo a candidatura á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia proclamada provisionalmente.
PAULA MARCOS CARREGAL (G-5704), presidenta
ISABEL FIGUEROA MATALLÍN (G-3539), vicepresidenta
MARÍA VILLARINO GONZÁLEZ (G-5078), secretaria
EDUARDO MARTÍNEZ LAMOSA (G-4199), tesoureiro
MARTA MILLARES OTERO (G-6868) vogal
CRISTINA GONZÁLEZ FREIRE (G-5545),vogal
NURIA SEIJAS FERNÁNDEZ (G-4096),vogal
SARA SALAS DÍAZ (G-7126),vogal
AISLINN GARCÍA HERMO (G-5289),vogal
2.- Modificar o calendario electoral que quedará da seguinte forma:
7 de novembro de 2025, venres Asemblea de Socios/as da Sección.
21 de novembro de 2025, venres Proclamación definitiva de resultados
pola Comisión Electoral.
Comunicación á Xunta de Goberno do Colexio
Oficial de Psicoloxía de Galicia.
En Santiago de Compostela, a 6 de outubro de 2025.
Convocatoria de eleccións á Xunta Directiva de Psicoloxía e Saúde
Proclamación provisional candidatura