Seccións

Eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía da Intervención Social
Eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG

En cumprimento do previsto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e atendendo á finalización do período de goberno para o que foi elixida no ano 2019, a Xunta Directiva, na súa reunión de 8 de febreiro de 2023, decidiu convocar Eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía da Intervención social do COPG.

A data da Xornada Electoral será o Sábado, 7 de outubro de 2023 e o proceso para a elección dos órganos de goberno citados desenvolverase de acordo co calendario axunto e as normas previstas no Regulamento de Réxime Interior da Sección, no Regulamento Marco das Seccións Profesionais e nos Estatutos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Co obxecto de supervisar o proceso, constitúese a Comisión Electoral que estará formada polo presidente, a secretaria e unha vogal da Comisión de Ética e Deontoloxía.

Convocatoria de eleccións
Calendario
Normas de voto

Eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG
Eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía da Intervención Social