Grupos

«É máis fácil construir nenos fortes que reparar adultos rotos».
Mercedes Jiménez-Carlés González-Barba

O vindeiro 11 de marzo, Mercedes Jiménez-Carlés González-Barba impartirá o Curso «Abordaxe das intervencións en emerxencias con menores», organizado polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do COPG. Psicóloga e psicoterapeuta emocional, está formada en funcionamento mental e acción terapéutica na infancia e na nenez, adolescencia, adultos e parellas sendo membro do Instituto de Psicoterapia Relacional (IPR) e da IARPP (International Association for Relational Psychoanalysis and Psychotherapy). Ademáis pertencen ao Grupo Activo de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Desastres (GIPED) do Colegio Oficial de Psicología de Andalucía Occidental, e a Sociedade Española de Psicoloxía Aplicada a Desastres, Urxencias e Emerxencias (SEPADEM).

– En que consiste a sesión formativa que vai impartir? Que vai a contribuír aos psicólogos e psicólogas no seu exercicio profesional?

Baséase na fundamentalmente en abordar o acompañamento aos menores en situacións críticas para eles. Son vulnerables e dependentes dos adultos sobre todo emocionalmente e en situacións difíciles son os «grandes esquecidos» xa sexa por descoñecemento, por protexelos, ou por mitos, facendo que sufran un «dobre dó» ou perda secundaria. Isto pode xerar trauma e dificultar o seu desenvolvemento na vida adulta. É importante nós como intervinientes despoxarnos destes mitos para así se os atopamos poidamos recoñecelo e actuar en consecuencia.

– Desde a súa traxectoria profesional, en que situación se atopa este ámbito de actuación na Psicoloxía?

Cada vez imos avanzando en canto a entender que os menores teñen pautas específicas para eles, pero aínda debemos seguir traballando nisto. Creemos que protexéndoos da morte lle aforramos sufrimento, pero hoxe sabemos que é todo o contrario. Non desenvolverán habilidades necesarias para afrontar eventos que lles va a vir, e serán máis propensos á frustración.

– Por que recomendaría continuar formándose nesta materia?

O/A psicólogo/a de emerxencia atópase moitas veces tendo que acompañar a menores ou adultos que teñen cargo menores, e como xa sabemos as primeiras 72 horas son cruciais tamén para os menores. A realidade é que cando nos atopamos con un menor a maioría das veces os adultos non estamos preparados.

– Cáles son os principais retos e oportunidades para continuar mellorando?

Ter moi presente a frase «É máis fácil construír nenos fortes que reparar adultos rotos». Ter unha ollada máis específica nos nosos menores e non actuar como se foran adultos ou como se non existiran, pensando que non se decatan de nada, quitar mitos sociais.

Spread the love
Mercedes Jiménez-Carlés González-Barba
Mercedes Jiménez-Carlés González-Barba