Información Xeral

Dolores Mosquera e Xabier Macías, Premios Profesional Colexiado/a 2020 e 2021

Xabier Macías e Dolores Mosquera, membros do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, recibiron o Premio Profesional Colexiado/a 2020 e 2021, respectivamente, que outorga Unión Profesional de Galicia en recoñecemento á excelencia dos profesionais colexiados/as que exercen ou exerceron a súa profesión en Galicia. O acto de entrega tivo lugar o 27 de maio, na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.

Xabier Macías, premio Profesional Colexiado 2020 (Foto: Unión Profesional de Galicia)

Unión Profesional de Galicia, asociación que representa a uns 40 colexios profesionais do ámbito galego e a 65.000 profesionais colexiados/as que exercen na comunidade galega. Ao acto de entrega acudiron a conselleira do Mar, Rosa Quintana; o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; e o presidente de Unión Profesional de Galicia, Antonio Macho Senra.

 

 

 

Spread the love