Información Xeral

Doazón do COPG á UNRWA pola emerxencia humanitaria na Franxa de Gaza

A Asemblea Xeral de Colexiados e Colexiadas do COPG acordou doar o 0,7% do seu superávit a UNRWA, á axencia das Nacións Unidas para as persoas refuxiadas en Palestina, aprobado na súa xuntanza ordinaria do 19 de marzo.

A guerra na franxa de Gaza está a someter a esta poboación a unha situación insostible de carestía. Esta axencia é o actor humanitario máis grande nos territorios ocupados de Palestina que proporciona alimentos, sanidade, educación e servizos sociais, onde 5,9 millóns de persoas levan décadas sobrevivindo a ataques armados constantemente. No actual asedio á Franxa de Gaza por parte de Israel, UNRWA é a única organización que ten a capacidade para coordinar e distribuír a axuda que se permite entrar.

Spread the love