A Asemblea Xeral de Colexiados e Colexiadas do COPG acordou doar o 0,7 % do seu superávit a UNRWA, á axencia das Nacións Unidas para as persoas refuxiadas en Palestina, aprobado na súa xuntanza ordinaria do 31 de marzo.
O conflito na Franxa de Gaza está afundindo a poboación nunha crise humanitaria insostible marcada pola escaseza. A UNRWA, principal axencia humanitaria nos territorios palestinos ocupados, ofrece alimentos, atención sanitaria, educación e servizos sociais a unha poboación de 5,9 millóns de persoas que levan décadas sufrindo ataques armados. No actual asedio á Franxa de Gaza por parte de Israel, UNRWA é a única organización que ten a capacidade para coordinar e distribuír a axuda que se permite entrar.