Destacado

Foro Autoritarismo e Liberdade | Autoritarismo e Liberdade
Dispoñible o vídeo do Foro «Autoritarismo e Liberdade», coa participación de persoas expertas en psicoloxía, filosofía e xornalismo

Xa está dispoñible o vídeo do Foro «Autoritarismo e Liberdade», celebrado o 30 de maio en Pontevedra, no que se pretendeu abrir un espazo de reflexión colectiva sobre as tensións políticas e sociais contemporáneas. 

O foro contou coa participación de persoas expertas destacadas:

  • José Manuel Sabucedo, catedrático de Psicoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Academia da Psicoloxía de España.

  • María Xosé Agra Romero, catedrática de Filosofía Moral e Política da Universidade de Santiago de Compostela

  • Xosé Hermida, xornalista e corresponsal parlamentario de El País.

Este debate enmárcase nos actos do 45 aniversario do Colexio de Psicoloxía, co que se pretende abrir unha reflexión sobre os retos da convivencia democrática na sociedade actual. Coa moderación de Xabier Macías, antigo decano do COPG, ofreceuse unha reflexión crítica desde a psicoloxía e outras disciplinas arredor dos valores democráticos, a convivencia, a igualdade e a liberdade como piares fundamentais para a saúde mental e o benestar colectivo.

Entre os temas abordados, expúxose a brutalización da linguaxe, a erosión democrática a través de discursos de odio e desinformación nos que non se distingue entre a verdade e a mentira, ou a necesidade de revitalizar a participación cidadá para preservar os valores democráticos. O acto foi inaugurado pola decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, e o concelleiro Luís Alberto Oubiña Piai, do Concello de Pontevedra.

🔗 Vídeo completo do Foro: https://www.youtube.com/watch?v=QEaFc8ASn2I