Xa está dispoñible o vídeo completo do encontro «Do antonte ao pasadomañá», celebrado o pasado 26 de setembro na Fundación Eugenio Granell, en Santiago de Compostela.
O acto, enmarcado na conmemoración do 45 aniversario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, foi un espazo para revisar as distintas etapas da historia do COPG, poñendo en valor o camiño percorrido e reflexionando sobre os desafíos organizativos e institucionais vividos e por vir.
O encontro contou con dúas mesas redondas:
Mesa 1. “45 anos do COPG: memoria e camiño”
Centrada nos primeiros anos de vida do Colexio, os procesos de constitución, consolidación e desenvolvemento da identidade colexial. Participaron:
• José Manuel Pazos Riveiro, membro da Comisión para a Defensa da Profesión e colexiado G-0001.
• María Teresa Hermida Pérez, decana do COPG entre 2002 e 2006.
• Mónica Alzate García, docente e investigadora na USC.
• José Berdullas Barreiro, vogal da Xunta de Goberno do COPG.
Mesa 2. “Tecendo unha profesión: as seccións do COPG”
Orientada a examinar o papel das Seccións, os seus desafíos actuais e futuros, e o seu rol tanto na estrutura colexial como no contexto social. Participaron:
• Xacobe Abel Fernández García, presidente da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG.
• María Begoña Castro Iglesias, presidenta da Sección de Psicoloxía Educativa do COPG.
• Guadalupe Oroña Quintáns, presidenta da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG.
• Carlos Montes Piñeiro, presidente da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG.
• María Dolores Seijo Martínez, presidenta da Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG.
A moderación correu a cargo de Concepción Fernández Fernández, vogal da Xunta de Goberno do COPG.
🔗 Vídeo completo do encontro “Do antonte ao pasadomañá”
Grazas a todas as persoas que fixestes posible este espazo de reflexión e celebración compartida arredor da nosa historia e futuro común como profesión.
