Seccións

Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo

Con motivo do 28 de abril, Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) xunto co Consejo General de la Psicología (COP) reivindicamos o papel esencial da Psicoloxía do Traballo na implementación dos procesos de intelixencia artificial e dixitalización na procura de organizacións máis saudables e sostibles.

Baixo o lema «Persoas e tecnoloxía: a clave para un futuro laboral saudable e sostible», salientamos a necesidade de incorporar a perspectiva psicolóxica nos procesos de transformación dixital para fomentar contornas laborais máis humanas, resilientes e sostibles.

A Psicoloxía do Traballo é experta en:

  1. Xestión do cambio e adaptación á dixitalización
  2. Prevención de riscos psicosociais en contornas dixitais
  3. Intelixencia artificial e toma de decisións éticas
  4. Avaliación de habilidades e liderado na era dixital
  5. Humanización dos entornos dixitais

No marco desta celebración, desde o COPG lembramos a importancia de construír empresas saudables e innovadoras, cun enfoque centrado nas persoas, a saúde mental e a seguridade laboral.

Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo