O Día Mundial da Bicicleta celebrase cada 3 de xuño, coa finalidade de visibilizar a importancia dun medio de transporte ecolóxico, saudable e sostible.
O Barómetro da Bicicleta 2024 (GESOP, 2024) é o maior estudo no ámbito estatal sobre o uso deste medio sostible. Impulsado pola Red de ciudades y Territorios por la Bicicleta (RedBici), conclúe que case un cuarto da poboación emprega a bicicleta semanalmente (22,8€) e case a metade da poboación (48,2 %) a usa nalgunha ocasión.
As persoas que asocian o uso da bicicleta coa mobilidade cotiá dobráronse en 15 anos e segue crecendo. Polo tanto, a maioría da poboación cree que debe fomentarse o uso da bicicleta.
Pero pola outra cara da moeda, son os accidentes que se producen, sobre todo en vías urbanas e interurbanas, nas que están implicados os ciclistas, xa que faleceron 45 en 2023, segundo as últimas estatísticas da DGT.
Gran parte deste problema ten que ver coa forma na que os ciclistas enfróntanse a estrada, é dicir, co factor humano. As causas comúns de accidentes de bicicletas teñen que ver co comportamento destes usuarios e usuarias: non ceder o paso, conducir distraído, non manter unha distancia segura, exceso de velocidade, cambios perigosos de carril, xirar sen mirar, descoñecemento e/ou non respectar as normas nin as sinais, non levar os accesorios de seguridade, consumo de alcohol ou de sustancias, falta de conciencia das consecuencias dun accidente, factores cognitivos ou emocionais que producen estas consecuencias, etc. Tamén sería indispensable manter e comprobar as capacidades de reacción para garantir maior marxe de previsión e evitar situacións perigosas e con alta imprevisibilidade.
Hai que destacar en canto a prevención de accidentes, a escasa formación e educación viaria ou de reciclaxe e, por tanto, pouca concienciación dos riscos viarios que se asumen. Cando falamos de cambiar aptitudes e comportamentos, falamos de intervención da Psicoloxía.
O Plan de Acción dun Plan Urbano de Seguridade Viaria, é un bo instrumento establecido nos municipios, xa que marca uns obxectivos e propostas, así como uns ámbitos de actuación. Coinciden cos nosos:
- Fomento da Educación e Formación en materia de Seguridade Viaria.
- Fomenta do Coordinación e colaboración en materia de Seguridade Viaria entre organismos, asociacións, empresarios, colectivos, profesionais e entes locais.
- Mellora da atención e auxilio ás vítimas de accidentes e aos seus familiares.
- Mellora da Seguridade Viaria dos usuarios e usuarias máis vulnerables.
Desde a psicoloxía podemos aportar a nosa capacidade para investigar, avaliar, ensinar e fomentar aptitudes e actitudes que favorezan esa mobilidade ciclista máis segura, tamén en campañas de concienciación que favorezan os cambios implantados ou necesarios na cidade, formación para manexar emocións (medo, impaciencia, impulsividade, irascibilidade), cambio de actitudes e hábitos ante os novos modos de desprazamento, adestramento e medida/avaliación para calcular mellor as distancias, etc…. favorecendo que os cambios sexan permanentes e non revirtan.
A PSICOLOXÍA APOIA O USO DA BICICLETA COMO MEDIO DE TRANSPORTE SAUDABLE, ECOLÓXICO E SOSTIBLE, SEMPRE QUE SEXA SEGURO E RESPONSABLE.