O 23 de febreiro celebrouse no salón de actos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) o acto conmemorativo do Día da Psicoloxía Académica. Participaron no acto Hipólito Puente Carracedo, vicedecano do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia; María José Sampedro Vizcaya, decana da Facultade de Psicoloxía da USC; Gumersindo Feijoo Costa, vicerrector de Transformación Dixital e Innovación da USC; e Manuel Francisco Martínez García, catedrático de Psicoloxía Social da Universidad de Sevilla, como relator invitado.
No marco do acto tamén se fixo entrega das insignias e diplomas aos estudantes que recibiron un premio extraordinario de grao e doutorado no curso 2021-22.