Grupos

CURSO «MANEXO DE SITUACIÓNS CONFLITIVAS, PERSOAS VIOLENTAS, PRESIÓN SOCIAL E CHAMADAS DIFÍCILES»

Lourdes Fernández Márquez foi a docente deste curso que se celebrou a través da plataforma Moodle do COPG o día 4 de novembro de 2023 e que contou con 96 inscritos. Durante as cinco horas de duración da formación, a docente achegou aos asistentes o concepto de conflito; mostrou como recoñecer escenarios difíciles con risco de conflito ou violencia; ofreceu pautas para previr a aparición de complicacións violentas durante a intervención; incidiu nas habilidades de comunicación ante persoas frustradas, enfadadas ou violentas, ou con desordes conductuais; mostrou como recoñecer e manexar as nosas propias reaccións como intervenientes fronte á frustración e o conflito, e resaltou a importancia do autocoidado dos intervenientes.

 

Spread the love