Información Xeral

Colaboración GIPCE-Proxecto SIMS USC

Víctor Arce Vázquez é coordinador na Universidade de Santiago de Compostela (USC) do Proxecto SIMS («Medicina de Simulación e adestramento de escenarios para atención de Emerxencia»). Neste proxecto colaboran a Universidade de Santiago de Compostela, Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria (SEMERGEN), Universidade Estatal de Medicina de Bukovinian (Ucrania), Universidade de Lituania e Universidade de Grecia.

Solicitáronnos a colaboración ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para formar a profesionais de Ucraína (previsiblemente policías e bombeiros) en primeiros auxilios psicolóxicos para que poidan atender á poboación en momento críticos. A formación realizarase entre o 14 e o 18 de novembro e incluirá, ademais da parte do GIPCE, unha parte de formación con médicos/as (algúns procedentes de Madrid) sobre primeiros auxilios. Mantivemos unha primeira xuntanza o pasado 18 de agosto. Dita formación será impartida pola coordinadora do GIPCE, Ana Mª Núñez Rubines e Mª del Carmen González Hermo, membro da Comisión Coordinadora do GIPCE.

O 15 de setembro, asistimos a unha nova reunión con Víctor Arce Vázquez e cun compañeiro, para concretar máis as cuestións. Asistiron a esta xuntanza, a coordinadora do GIPCE, Ana Mª Núñez Rubines, e Mª del Carmen González Hermo.

Spread the love
Proxecto SIMS
Proxecto SIMS