Grupos

Colaboración do GIPCE co Proxecto SimS do Programa Erasmus+ CBHE

Entre o 14 e o 17 de novembro, celebráronse unhas Xornadas na Facultade de Medicina da USC para o Proxecto SimS (Simulation Medicine and Scenario-Based Learning for Emergency Care) contemplado dentro do Programa Erasmus+ CBHE (Capacity-Building projects in the field of Higher Education). Neste proxecto colaboran a Universidade de Santiago de Compostela, a Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria (SEMERGEN), a Universidade Estatal de Medicina de Bukovinian (Ucraína), a Universidade de Lituania e a Universidade de Grecia. Está dirixido a formar a profesionais de Ucraína (policías, psicólogos/as, docentes universitarios… ) na atención médica e psicolóxica á poboación nos primeiros momentos despois dunha emerxencia.

 

Víctor Arce, da Universidade de Santiago de Compostela, convidou ao GIPCE a participar nesta formación impartindo durante dúas xornadas o módulo de Atención Psicolóxica en Desastres. Ana Mª Núñez Rubines e Mª Carmen González Hermo foron as encargadas de compartir os coñecementos e a experiencia do GIPCE con estes profesionais para que os poidan aplicar no seu país de orixe. Ademais, contaron co discurso de benvida da decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, no acto inaugural celebrado o primeiro día das xornadas.

 

Spread the love