Grupos

Colaboración do GIPCE co Proxecto SimS
Colaboración do GIPCE co Proxecto SimS

Desde o ano 2023, o GIPCE estivo colaborando co Proxecto SimS (Medicina de Simulación e aprendizaxe basado en escenarios para atención a emerxencias) impartindo formación a diferentes profesionais das emerxencias de Ucraína, Xeorxia e Grecia xunto cos profesores da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela: Víctor Arce, Sergio Cinza, Daniel Rey e José A. Costoya.

Neste 2025, Ana Mª Núñez e Mª Carmen González continuaron con esta colaboración participando na elaboración dun manual dirixido a formadores dos países contemplados neste proxecto. Concretamente, as gipces elaboraron o capítulo Intervención psicolóxica con persoas afectadas por situacións de emerxencia, no que se ofrecen pautas para intervir en situacións críticas con poboación xeral, poboacións vulnerables e intervenientes. Este manual está dispoñible en formato dixital en ucraíno e inglés.

 

Colaboración do GIPCE co Proxecto SimS
Colaboración do GIPCE co Proxecto SimS