Grupos

Colaboración do GIPCE co Proxecto LifeStrand do Programa da UE Erasmus + KA2

O GIPCE colaborou, por invitación do profesor da Facultade de Medicina da USC, Víctor Arce; co Proxecto LIFESTRAND (Life Support Training and Dissemination for Higher Education Institutions and Community Representatives living in Military Risk Areas of Ukraine and Georgia – Capacitación e difusión de soporte vital para institucións de Educación Superior e representantes comunitarios que viven en áreas de risco militar de Ucraína e Georgia-) contemplado dentro do Programa Erasmus+ KA2 Capacity Building Projects in the Field of Higher Education with Ukrainian Partners.

As xornadas desenvolvéronse na Facultade de Medicina da USC, entre o 19 e 21 de febreiro, e na Universidade de Porto, o 22 e 23 de febreiro. Asistiron 35 profesionais da Medicina procedentes de Ucraína e Georgia que foron entrenados e entrenadas en soporte vital, primeiros auxilios e apoio psicolóxico en situacións de emerxencia para que, unha vez que regresen aos seus países, poidan formar a outras e outros profesionais docentes e sanitarios. O día 19, a Vogal de Xunta de Goberno, Concepción Fernández Fernández, asistiu ao acto inaugural das xornadas en representación do COPG. E o día 20 as GIPCEs Ana Mª Núñez Rubines e Mª Carmen González Hermo desenvolveron un módulo adicado á avaliación e apoio psicolóxico en situacións de emerxencia.

Neste proxecto colaboran: Universidade de Santiago de Compostela (España); Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria Semergen (España); Petre Shotadze Tbilisi Medical Academy LLC (Georgia);Universidade Médica Estatal de Tbilisi (Georgia); Universidade Alte (Georgia); Universidade Grigol Robakidze (Georgia); Universidade de Porto (Portugal); Universidade Médica Nacional Horbachevsky Ternopil, do Ministerio de Saúde de Ucrania; Establecemento estatal “Universidade Médica Estatal de Lugansk”, e a Universidade Médica Estatal de Poltava.

Pódese consultar máis información sobre o Proxecto LifeStrand no seguinte enlace:

https://en.lifestrand.tdmu.edu.ua/ 

 

Spread the love
Proxecto LifeStrand do Programa da UE Erasmus + KA2