Sabías que…?

Debes ter coidado cando os informes se refiran a menores de idade e non reflexar datos que lles poidan xerar problemas ou risco se son coñecidos polas persoas con acceso a eles?. Deberías ademais recomendar que quen acceda ao informe respecte a reserva da información recollida nel e que este que non sexa ensinado aos menores cando non estean en idade legal de ser informados e/ou coñecelo poida supoñerlles un dano.

No caso de informes de menores fillos/as de proxenitores separados debes ter especial coidado pois ambos deben consentir a intervención e recibir a información sobre a mesma.  Se non contas con consentimento de ambos non debes iniciar/continuar coa intervención agás autorización xudicial.

Se se tratara de intervir con fillos/as de proxenitores denunciados por violencia de xénero ou doméstica non se precisa o consentimento do investigado/a para a intervención pero si é obrigado informarlle sobre a mesma.

Podes encontrar referencias ás idades na Lei 41/2002 de Autonomía do Paciente e na lei orgánica 3/2018 de protección de datos persoais e garantía de dereitos dixitais.

Ligazón ao apartado da Comisión de Ética e Deontoloxía da páxina web do COPG:

https://copgalicia.gal/grupos-comisions/comision-de-etica-e-deontoloxia

No exercicio profesional debes mostrar un respecto escrupuloso pola intimidade das persoas coas que intervés?. Así, inda que recollas moita información debes reflexar no informe unicamente aquela que sexa relevante ao seu obxecto e absterte de incluír datos sobre persoas non avaliadas ou que non deran o seu consentimento na valoración.

Debes evitar reflexar datos sensibles das persoas avaliadas cando estes non sexan impresdindibles ao obxecto e/ou ao destinatario do informe.

O suxeito dun informe psicolóxico ten dereito a coñecer o contido do mesmo, sempre que disto non se derive un grave prexuízo para o suxeito ou para o profesional, e aínda que a solicitude da súa realización a fixesen outras persoas?. Se a demanda do informe provén dun solicitante distinto da persoa avaliada esta, ou os seus proxenitores ou titores no caso de menores ou legalmente incapacitados, terán dereito a ser informados tamén.

Nos informes é imprescindible que te identifiques cos teus datos (nome e apelidos), co teu número de colexiación e que os asines?

 Debes recoller o obxecto do informe ao principio deste, as técnicas de valoración (metodoloxía) empregada e deixar constancia de quen solicita o informe e a quen se lle da copia?

Debes redactar de forma clara e intelixible para o seu destinatario e ser precisa e rigorosa cos datos que reflexes no informe?

Debes contar coa formación axeitada á área onde se enmarca o informe.

Debes reflexar no informe o proceso de valoración/intervención que seguiches e xustificar as conclusións, expresando ademais o alcance e limitacións das mesmas, así como o grao de certeza que tes sobre os datos que recolles e as conclusións ás que chegas, expresándose se é preciso en termos probabilísticos ou condicionais.

Debes reflexar o seu carácter actual ou temporal .

no artigo 48 recóllense os criterios básicos que ha de cumprir un informe para ser considerado deontoloxicamente correcto?