O Consejo General de la Psicología elaborou recentemente unha circular informativa centrada nun aspecto clave do exercicio profesional: o tratamento e a custodia dos datos persoais das persoas pacientes, especialmente no contexto actual de crecente dixitalización dos servizos psicolóxicos.
O documento aborda cuestións fundamentais relacionadas coa protección de datos, facendo fincapé nas obrigas legais e deontolóxicas que deben cumprir as e os profesionais da psicoloxía cando manexan información sensible. En particular, pon o foco no uso de plataformas e software de xestión clínica dixital, ferramentas cada vez máis estendidas na práctica diaria, pero que requiren garantías específicas en materia de seguridade, confidencialidade e cumprimento da normativa vixente.
Ademais de ofrecer orientacións prácticas, a circular tamén pretende sensibilizar sobre a importancia de escoller solucións tecnolóxicas que aseguren un tratamento axeitado dos datos, evitando riscos que poidan comprometer a privacidade das persoas usuarias dos servizos psicolóxicos.
Esta circular informativa constitúe, polo tanto, un recurso de interese para todas as persoas colexiadas, ao proporcionar criterios claros para unha práctica profesional responsable e adaptada ao marco legal actual.
Circular informativa, tamén a podedes atopar publicada na web do COP.
