Desde a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela convidáronnos ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia a unha charla informativa que se celebrou o 25 de setembro, sobre as saídas profesionais para o alumnado de Grao de Psicoloxía. Para mellorar a información que recibe o alumnado, incluíuse un relatorio antes do inicio do ciclo sobre as ramas profesionais da Psicoloxía, en función das Seccións nas que se organiza o Colexio. Deste modo, o alumnado terá unha visión xeral da profesión antes, e a finalidade era tamén dar visibilidade ao COPG e ao seu labor. Nesta charla informativa participaron a decana, e as seguintes persoas membros das Xuntas Directivas das Seccións Profesionais do Colexio:
Sección de Psicoloxía e Saúde: Paula Marcos Carregal.
Sección de Psicoloxía Educativa: Mª Begoña Castro Iglesias.
Sección de Psicoloxía da Intervención Social: Guadalupe Oroña Quintáns.
Sección de Psicoloxía do Traballo e da Organizacións: Antía Blanco Espiñeira.
Sección de Psicoloxía Xurídica: Mª Dolores Seijo Martínez.