Información Xeral

Campaña de sensibilización «Liberdade de ser e sentir!»

Desde o Colexio Oficail de Psicoloxía de Galicia, sumámonos con motivo da conmemoración do 28 de xuño «Día da diversidade sexual», á Campaña de sensibilización «LIBERDADE DE SER E SENTIR!», impulsada desde a área de Igualdade da Deputación da Coruña.

Trátase dun traballo colaborado e participado co obxectivo de visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero e, co propósito de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais da que poden formar parte todos aqueles concellos, entidades sociais, educativas e/ou empresariais interesadas.

Desde a Deputación da Coruña poñen en marcha un programa de actividades e recursos que publicitarán a través da súa páxina web.

Spread the love
Campaña Liberdade de ser e sentir!
Campaña Liberdade de ser e sentir!