Información Xeral

Campaña da Renda 2024
Segundo a normativa vixente, as cotas colexiais son gastos deducibles cando a colexiación teña carácter obrigatorio para o desempeño do traballo, como no caso da Psicoloxía, na parte que corresponda ata os fins esenciais destas institucións, e co límite de 500 € anuais.
As cantidades contribuídas a estes fins deberán introducirse na cela 015 da declaración como parte do apartado «rendementos do traballo».
No seguinte enlace podes acceder a un vídeo demostración onde se explica en detalle como introducir as cotas satisfeitas a Colexios Profesionais na Renda Web: https://youtu.be/6rf11oSXQTM?list=PLIPJ-e4_kcL-1AQrpC_wGhkgaC8YhaSH
Lembra que podes solicitar na administración do Colexio o teu certificado de abono das cotas colexiais do ano 2024 para a realización da túa declaración da renda. A emisión do certificado é manual, polo que tardará uns días en tramitarse unha vez  recibida a solicitude. Podes solicitalo no e-mail copgalicia@copgalicia.gal ou no teléfono 981 53 40 49.
Campaña da Renda 2024