Agardamos que esta acción axude a poñer en valor a psicoloxía baseada na evidencia.
A CDP quere compartir que a campaña “A túa saúde mental non é un xogo” resultou un éxito, polo que desexamos expresar o noso agradecemento pola excelente acollida e pola ampla participación recibida.
A resposta da comunidade profesional foi especialmente positiva, o que se reflicte de maneira clara na actividade rexistrada nas redes sociais do COPG, onde as publicacións vinculadas á campaña acadaron un nivel de interacción superior ao habitual. Estas mensaxes xeraron un maior número de reaccións, compartidos e comentarios en comparación con outro tipo de contidos.
Do mesmo xeito, cómpre destacar o elevado número de descargas das distintas pezas da campaña, o que indica tamén unha implicación activa na súa difusión.
Agardamos que esta difusión contribúa a reforzar o papel da psicoloxía como disciplina baseada na evidencia, fronte a outras opcións sen respaldo científico.
Está previsto seguir espallando a cartelaría a diferentes institucións e organismos, como centros educativos e sociais. Asemade, estase a valorar a incorporación da campaña nos autobuses urbáns dalgunhas cidades de Galicia.
Por outra banda, a enquisa que segue aberta sobre a detección de prácticas de intrusismo en Psicoloxía obtivo ata agora 42 respostas. Lembramos que podedes acceder a ela aquí: Enquisa «Detección de prácticas de intrusismo en psicoloxía».
Se consideras que se está a cometer intrusismo profesional na psicoloxía, podes comunicalo ao COPG, aportando todos os datos posibles para o estudo correspondente. O COPG actúa de oficio para garantir a confidencialidade dos datos da persoa informante.
